A PRIMEIRA NA CIMA DO EVEREST
O día internacional da muller de 1975, Nepal otorgou o único permiso para ascender ao Everest a unha expedición xaponesa capitaneada por Eiko Hisano y formada por 15 mulleres. Como consecuencia dunha avalancha o grupo e os sherpas quedaron sepultados baixo a neve.
Junko Istibashi, coñecida como Junko Tabei, que formaba parte da expedición, permaneceu 6 minutos atrapada, ata que foi rescatada. Pero o 16 de maio logrou alcanzar a cima do Everest xunto co sherpa Ang Ysering, convertíndose na primeira muller en coronar o teito do mundo.
Graduouse en Literatura Inglesa e fundou o Clube de Montaña para Mulleres Joshi-Tohan, de Xapón.
O 28 de xuño de 1992, alcanzou a cima de Puncak Jaya en Indonesia e converteuse na primeira muller en completar as "Sete Cumbres" (Everest, Aconcagua, Monte Denali, Kilimanjaro, Monte Elbrús, Macizo Vinson e Monte Jaya), as montañas máis altas de cada un dos seis continentes, engadindo ademáis a máis alta de Norteamérica.
O seu eslogan de motivación era: "Non te rindas, segue a túa busca".
O 22 de setembro de 2019, Google celebrou o 80 aniversario do seu nacemento cun Doodle.
Máis información en: Bacanas, Desnivel, Doodle, El País, Pioneiras, Wikipedia.