DO MUNDO E DE TODOS OS TEMPOS
En 2020 Sakira Ventura Quintana, flautista e musicóloga, elaborou o mapa interactivo "Creadoras de la Historia de la Música", unha antoloxía cartográfica de compositoras repartidas por todo o mundo e enmarcadas dende o século IX ata o ano 2005.
A súa finalidade é visibilizar ás mulleres creadoras de música e poñer en valor a súa obra.
Entrando nesta ligazón de spotify pódese escoitar a música de máis de 450 canciones ao longo de 24 horas de duración. Consiste nunha recompilación por orde cronolóxica de mulleres creadoras na Historia da Música. Segundo Sakira Ventura, non están todas as que deberían pero espera que algún día o estean.
O mapa interactivo para recuperar ás compositoras ignoradas na historia recompila os perfís e obras, por orde alfabética, de máis de 500 mulleres: "Hai miles que non aparecen nos libros, que non se tocan nos concertos", expresa a autora desta iniciativa.
Este mapa interactivo de Google Maps vaise actualizando con novas compositoras que se van investigando. O mapa permite ver a ubicación de cada unha de elas, unha nota biográfica e escoitar a través de enlaces algunhas das súas obras e incluso en algúns casos, acceder a súa propia páxina web.
O proxecto abarca dende Kassia, compositora nada en Constantinopla en torno ao 810, ata a máis xoven, Alma Deutscher, nada en 2005, compositora, violinista e pianista, pasando por Alicia Morote, compositora, arreglista e orquestadora murciana.
Entre as valencianas, recolle os traballos de Matilde Salvador (Compositora e pintora valenciana), Consuelo Colomer (concertista de piano), Maria Teresa Oller (Compositora e folclorista).
Entre as galegas aporta datos de Pilar Castillo, pianista e compositora de principios do século XX, Eugenia Osterberger, que participou en diversas iniciativas de dignificación da cultura galega, e Sofía Oriana Infante que compuso a música da película "Elisa e marcela".
Estas compositoras dedicaron todos os seus esforzos a ser creadoras de música pese a todas as dificultades polas que tiveron que pasar, dende firmar como anónimo, apropiacións da súa música, que tiveran que publicalas baixo un seudónimo masculino ou ter problemas coas súas familias, porque non querían que se dedicaran profesionalmente á música.
Máis información en: Compositoras, Creadoras, Mapa, el diario.es, efeminista, La Razón, rtve, Clásica, Culturplaza, play list, Revista Clavico