BARRA DE MENÚ

Nettie STEVENS

CROMOSOMAS E SEXO

O 7 de xullo de 1861 naceu Nettie María Stevens, na localidade norteamericana de Cavendish, en Vermont. Graduouse na Westfield Normal School (actualmente Westfield State College), como primeira da súa clase. Tanto ela como a súa irmá, Emma Stevens foron dúas das tres primeiras mulleres que se graduaron en Westford, obtindo unhas calificacións excepcionais. Faleceu o 4 de maio de 1912 en Baltimore.

Aforrou cartos traballando como mestra e bibliotecaria para ingresar na Universidade de Satanford, o que conseguiu aos 35 anos redatando a súa tese doutoral en 1900. Investigou en Europa e no Bryn Mawr College de Pensilvania (EEUU). 

Nettie Maria Stevens é coñecida mundialmente por ser a primeira persoa en describir as bases cromosómicas da determinación do sexo, xa que descubriu que o sexo está determinado por unha única diferencia entre dúas clases de espermatozoides: os que posúen o cromosoma X e os que posúen o cromosoma Y

Nos seus artigos, dúas monografías de 75 páxinas, Stevens concluía correctamente que un óvulo fecundado por un espermatozoide portador de X producía unha hembra e, pola contra, se o espermatozoide levaba o cromosoma Y, daría lugar a un macho.

Pero durante moito tempo, coma sempre, os seus decubrimentos foron atribuidos a un home.

Máis información en: GenotipiaMujeres con Ciencia, Mujeres de cienciasMujeres Bacanas, Mujeres en la historia, HipertextualWikipedia