COAUTORA con ANTONIO de FELIPE
- A Audiencia Provincial de Madrid recoñece á pintora xaponesa Fumiko Negishi como coautora dos cadros do grafitero licenciado en Belas Artes, Antonio de Felipe. A artista nipona reclamou en 2016 a súa autoría en 221 pinturas, como as series de Marilyn ou de Audrey, asinadas polo "obreiro da arte", como se facía chamar De Felipe.
- A pintora explica que De Felipe asinou, expuxo e vendeu cadros como seus cando apenas realizara un boceto. Ás veces, nin eso. Ela, formada en Xapón e España, filla e neta de pintores, discípula de Mitsuo Miura e abstracta nas súas creacións personais, acudía ao estudo todos os días, menos un mes de vacacións. Tiña a súa habitación ao fondo do estudo, que non era accesible para os clientes. Alí estivo, traballando como pintora fantasma, desde 2006 ata febreiro de 2016, cando lle entregaron unha carta de despido na que se aducían motivos económicos, e iso animouna a "contar cousas".
A Audiencia considera que a artista xaponesa non se limitaba a seguir as instruccións do seu xefe, senón que aportaba valor artístico ás obras en que intervía. A sentencia estima que “quen procedía á execución personal da pintura do cadro, plasmando en imaxes o planeado, era Fumiko Negishi”, sen perxuizo de que De Felipe incluira “da súa propia mán, líneas, manchas ou grafismos de diversas formas”."El nacimiento" - “Pintando desenvolvo unhas emocións que non sabía que tiña... cando pinto aprendo das miñas emocións. Prefiro que as miñas pinturas se sintan a que se pensen”, comenta Fumiko Negishi.
- Naceu en 1970 en Tokio e licenciuse en Belas Artes na universidade de Arte e Deseño de Joshibijutu (Sagamihara), de Tokio en 1993, obtindo o primeiro premio. Despois trasladouse a Madrid, e estudou Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid. En 1995, ganou o premio para artista xoven na Calcografía Nacional en Madrid. Ese mesmo ano obtivo unha beca de pintura do concello de Mojacar en Almeria. Ten varios recoñecementos tanto no seu país de orixe como no de acollida e realizou unha serie de exposicións, dende 1993 ata a actualidade.
Máis información en: El Diario.es, El Español, Culturplaza, Xataka, El País, Obras