"A DAMA DAS NEVES"
Naceu en Maryland o 22 de maio de 1883 e faleceu o 19 de decembro de 1955 en Portland.
Foi a primeira muller en realizar unha expedición ao Ártico.
Descubriu que Groenlandia era unha isla e non unha península como se pensaba ata ese momento.
Estudiou nunha Escola de Negocios onde se graduou como a mellor estudante de 1880 e traballou de copista no departamento de Interior dos EEUU e no Smithsonian Institute.
Casou con Robert Peary e non só foi unha simple acompañante do seu marido nas exploracións a Groenlandia, senón que participou de forma activa nas súas viaxes, realizando traballos de documentación, caza e cociña amosando así a súa validez.
Un dos seus traballos máis coñecido é "Diario Ártico". Esta obra deu ao mundo unha imaxe real da cultura inuit e da xeografía ártica.
Todo o tempo que transcurriu trala morte do seu home o adicou a defender a súa hazaña de conquerir chegar ao Polo Norte, que foi cuestionada por moitos.
Nas expedicións ao Norte tivo que superar a falta de confianza algúns compañeiros do seu home que non vían con bos ollos que unha muller lles acompañara ata aqueles lugares tan complicados.
A primeira viaxe foi a Groenlandia en 1891, acompañando a o seu marido e converténdose na primeira muller en realizar unha expedición ao Ártico; as vivencias desta expedición animárona a publicar a súa primeira obra "Diario Ártico" cun tono máis agradable que anteriores relatos de exploracións ao ártico.
En 1893 topábase outra vez no ártico a pesar de estar embarazada sendo a primeira muller occidental que deu a luz nestas latitudes; a súa filla Marie chamáronlle "O bebé das neves", nome co que titularía o seu segundo libro.
En 1897 noutra expedición conviviu cos inuits para aprender o modo de vida nestas terras.
Co cambio de século embarcouse nunha nova expedición para socorrer ao seu marido que sofreu a amputación dos dedos dos seus pés por conxelación. Mais o barco onde viaxaba petou cun iceberg polo que tivo que pasar o inverno en Ellesmere, Groenlandia. Alí recibiu a dura noticia de que o seu home mantiña relacións cunha muller inuit, tendo dous fillos con ela. Mesmo a pesar do duro golpe decidiu non aboandonar a Robert e conviviu con Allaka a nova esposa inuit do explorador.
Isabel Coixet narra esta parte da súa vida na película "Nadie quiere la noche", que se ve nesta ligazón.
Wikipedia: J Peary
Mujeres en la Historia: Dama das neves
La razón: Con 5 homes
El Periódico: Coixet