BARRA DE MENÚ

María Andresa CASAMAYOR

PIONEIRA EN PUBLICAR UN LIBRO DE CIENCIA 

Aos 17 anos publicou o seu manual de Aritmética, pero caeu no olvido mesmo o seu verdadeiro nome. Agora, 300 anos despois do seu nacemento en Zaragoza, o 30 de novembro, día de San Andrés, a figura da matemática María Andresa Casamayor dase a coñecer nun documental, un selo e na reedición do seu libro "Tyrocinio arithmetico. Instrucción de las quatro reglas llanas".  

Reedición       

Foi unha muller non só adelantada á súa época, senón    fora da   súa época. Con unha mentalidade totalmente moderna, primeiro se forma, aprende, e logo vive do seu traballo como mestra de nenas

Artífice do primeiro libro de ciencia que se coñece    publicado por unha muller en España.

Trátase dun libro de educación básica, de Álxebra Menor, é dicir, Aritmética, que explica con exemplos concretos como realizar as operacións básicas de sumar, restar, multiplicar e dividir e presenta as distintas unidades de medida de lonxitude, superficie, volumen e masa, así como as moedas de curso legal dos diversos territorios da España do século XVIII.

Tyrocinio Arithmético
Na portada do libro non aparece o seu nome por ningures. Asina como Casandro Mamés de la Marca y Arioa, que    é nome de varón, pero encerra o da verdadeira autora ao ser un anagrama de 29 letras que, unha vez reordenadas, deixa ler: María Andresa Casamayor de La Coma.

Por mor do 11F, Día Internacional da Muller e a Nena na  Ciencia, estrearase en Zaragoza, un documental contando  a súa vida, grabado por Sintregua Comunicación.   


"A muller que soñaba con números" está dirixido por Mirella R. Abrisqueta, que sitúa ao público espectador no século XVIII a través de unha trama paralela e actual que narra como unha compañía de teatro tenta sacar adiante unah obra sobre a matemática zaragozana, a quen dan vida as actrices María José Moreno e Claudia Siba.

Moita máis información nestas ligazóns: 
Andresa, Casamayor, Selos e Documental.

Selos

María Juana Rosa Andresa Casamayor de La Coma naceu en Zaragoza en 1720 e faleceu alí mesmo o 23 de outubro de 1780: De la Coma