PIONEIRA DA OCEANOGRAFÍA
"La dame de la mer"
Unha das primeiras críticas á pesca industrial e aos alarmantes cambios nos parámetros das augas oceánicas foi realizada pola primeira oceanógrafa francesa, Anita Caracotchian Conti (Ermont, 17 de maio de 1899 - Douarnenez, 25 de decembro de 1997).
Ademáis foi a primeira muller en embarcar nun buque de guerra francés en tempo de guerra para participar nas operacións de limpeza de minas magnéticas no Mar do Norte e Canal da Mancha.
Fotógrafa, escritora e exploradora, na década de 1940 comezou a preocuparse polos efectos da pesca industrial sobre os recursos pesqueiros e os ecosistemas mariños adicándose a denuncialos.
No 1939, Anita Conti embarcárase nunha viaxe cara o Ártico a bordo do arrastreiro bacaladeiro Viking para unha saída de pesca de tres meses sobre o paralelo 75.
As súas conclusións sobre a sobreexplotación dos océanos e as consecuencias dos excesos da pesca deron a coñecer os problemas ambientais ocasionados, amosando que a mar non é un recurso inesgotable.
O seu activismo neste tema converteuna nunha pioneira na conservación da biodiversidade.
Descubriu multitude de especies de peixes e traballou mán a mán cos pescadores na exploración de novos caladeros e en métodos máis efectivos de captura.
Elaborou para os profesionais da mar mapas das zonas de pesca, un traballo nunca realizado ata ese momento. Observou unha serie de parámetros (temperatura da auga, salinidade, ...) e a súa influencia nas poblacións de peixes.
Destacou polos seus artigos sobre as riquezas marinas nas revistas femininas. Aos 72 anos publicou a súa obra máis polémica, na que denunciaba esta situación, titulada L’Ocean, Les Betes et L’Homme (O océano, as bestas e o home).
Ana Conti adicaría o resto da súa vida a impartir conferencias e denunciar en todos os foros posibles o impacto humano nos océanos, ata que morreu con 98 anos.
Máis información en: Historia, Mujeresconciencia, Anita, Oceánicas, Spot, Vadebarcos, Wikipedia