BARRA DE MENÚ

Maria Anna MOZART

"Nannerl", a idolatrada irmá de Amadeus 

Maria Anna Walburga Ignatia Mozart, chamada Nannerl pola súa familia, que significa "bendición de Deus", naceu o 30 de Xullo de 1751 e faleceu o 29 de Outubro de 1829, en Salzburgo. A irmá maior de Wolfgang Amadeus Mozart foi idolatrada por el e foi a súa inspiración e un exemplo a seguir.

Maria Anna Mozart foi tan talentosa ou máis que o seu irmán;  tocaba o pianoforte e o clavicembalo cunha maestría que mesmo sorprendía ao seu pai, que foi quen lle ensinara a tocar o clavecín cando tiña 8 anos co caderno "Nannerl Notenbuch", que preparou para ela; pero pola súa condición de muller, aos 18 anos tivo que quedar na casa coa súa nai, para casar.

Na súa infancia ela compuxo varias pezas musicais para que el aprendera a tocar, e poñía sobre papel as súas melodías xa que el aínda non podía; na vida adulta el enviaballe as súas para que ela as tocara. 

Parece que fixo outras obras pero desapareceron ou están asinadas polo seu pai o polo seu irmán. Co ADN da escritura a mano vaise poder comprobar a súa autoría. 

O seu pai, Leopold Mozart, levoullos de xira por Europa, tocando ambos en salóns, cortes e cidades importantes, mesmo ante a emperatriz María Teresa de Austria. 

Nannerl converteuse nunha das primeiras pianistas que deu concertos en toda Europa, o cal foi realmente novidoso para a época. As crónicas falaban da dificultade das pezas que interpretaba e da naturalidade coa que as executaba; hai testemuñas que a sitúan entre as máis hábiles do seu tempo.

Mozart agasallou a súa amada irmá coa Sonata en Re maior K.251 de 1776, o Capricio K.395/300g de 1778, o Preludio e Fuga K.394/383a e presumiblemente o Adagio en Si menor K.540 de 1788.

Aos 50 anos quedou viúva con dous fillos e catro fillastros e tivo que traballar como profesora de música ata o final dos seus días, algo pouco habitual nesa época, polo que tamén foi unha pioneira; mesmo chegou a ofrecer algunas presentaciones como solista.

Catro anos antes de morrer quedou cega. Foi enterrada na cripta comunal da ingresa de San Pedro, e non das de San Sebastián como propuxera o seu pai.

A actriz e dramaturga Sylvia Milo investigou a vida de Maria Anna, viaxou aos lugares onde residiu e revisou a correspondencia familiar, e con este material inspirouse para realizar a súa obra teatral "The Other Mozart".

Máis información en Wikipedia, BBC, Compositora, Maria Anna, HNG, Mozart, Nannerl.


Mária TELKES

     

A RAÍÑA DO SOL

Mária Telkes foi unha prolífica inventora de dispositivos termoeléctricos, que destacou por ser pioneira no desenvolvemento da tecnoloxía solar, xa que ninguén propuxérano nunca antes. 

Naceu en Budapest (Hungría) o 12 de decembro de 1900. Era de orine xudeu. Graduouse en Química Física en 1920 e doutorouse en 1924. Primeiro foi docente, pero logo marchou a EEUU e comezou traballar como biofísica no Hospital Cleveland Clinic Foundation, onde inventou un dispositivo fotoeléctrico para rexistrar as ondas cerebrais.

Como investigadora traballou no Proxecto de Conversión de Enerxía Solar no Massachusetts Institute of TechnologyNo centro das súas investigacións estaba a satisfacción das necesidades básicas para ter unha vida digna.

Ideou un sistema de calefacción solar para a casa Dover, unha casa innovadora deseñada pola arquitecta Eleanor Raymond (1887-1989) que utilizaba colectores solares e regulaba a temperatura só coa enerxía procedente do sol. Dicía en 1951: “O Sol será usado como fonte de enerxía tarde ou cedo… Por que agardar?.

Tamén desenvolveu unha unidade portátil de desalinización de auga de mar con enerxía solar para obter un litro ao día de auga potable. Estas unidades foron utilizadas nos botes salvavidas da Armada de EEUU durante a Segunda Guerra Mundial.

Mária continuou coas súas investigacións sobre enerxía solar no New York University College of Engineering. Alí, seguiu traballando en desalinizadores, sistemas de calefacción e fornos solares. Os seus fornos solares eran baratos, simples e fáciles de construir. En 1954,  a Fundación Ford concedeulle unha subvención de 45.000 dólares para que fabricara fornos solares que poideran usarse en países en vías de desenvolvemento.

A finais dos 60 traballou na Universidade de Delaware e elaboró diseños de aire acondicionado que almacenaban o frío da noite para usalo ao día seguinte como refrixeración. Trala súa xubilación foi nombrada profesora emérita desta universidade dende 1978. Pero foi consultera independente ata os 90 anos.

Recibiu unha docena de premios, entre eles o recoñecemento ao mérito ao traballo por parte da Society of Women Engineers, en 1952. Pero xa antes, en 1934 nuhna publicación de The New York Times, entrou na lista das 11 mulleres máis relevantes de EEUU. Foi autora tamén dunhas vinte patentes.

De visita en Budapest, despois de máis de 70 anos, faleceu o 2 de decembro de 1995 con case 95 anos.

Máis información en Wikipedia, MujeresconCiencia, WomensLegacy, BBC, PioneiraRed2030, Píkara, Podcast.