BARRA DE MENÚ

As "CAINEJAS"

PIONEIRAS NO "URRIELLU" DE PICOS DE EUROPA 

Isabel Pérez Teofila Gao

Dúas xóvenes leonesas de Caín de Valdeón, en pleno corazón dos Picos de Europa,  María Isabel Pérez Pérez e Teófila Gao Pérez realizaron unha fazaña sen precedentes no montañismo español.

Foron as primeiras mulleres en alcanzar a cima do imponente Picu Urriellu no vran de 1935, un fito que non só desafiou á montaña, senón tamén as normas sociais da época.

A súa xesta débese a que o seu avó Gregorio Pérez Demaría, "El Cainejo", pastor de Caín, xunto a Pedro Pidal foi o primeiro en facer a ascensión ao Picu en 1904 e como coñecía moi ben cada rincón da montaña logrou allanar o camiño para futuras xeracións, nas que se atoparon as súas netas. 

Picu Urriellu
Naquela época poucas mulleres adicábanse á escalada, como Margot Moles, pero as curmás subiron ao Laranxo de Bulnes con poucos días de diferencia. 

Primeiro chegou á cumbre María Isabel, o 31 de xullo de 1935 con 18 anos, pola cara sur, xunto ao seu tío e Alfonso Martínez, o famoso guía cabraliego. 

E unha semana despois, o 6 de agosto, acadou a cima Teófila Gao de só 15 anos, acompañada do seu pai e duns veciños de Bulnes, pero esta vez subiu sen cordas, usando só a súa habilidade e a súa intuición.

Treparon a parede e tamén a destreparon sen rapelar, baixando pola mesma ruta, o que multiplicou a dificultade da proeza, xa que coma din os montañeiros, si difícil é subir, moito mais complicado é baixar.

María Isabel tamén foi a primeira muller en alcanzar a cima de Torre Santa, a outra gran montaña dos Picos de Europa, consolidándose como unha das figuras máis destacadas do alpinismo feminino en España.

Posada de Valdeón
O recoñecemento aos seus méritos foi escaso e o seu legado permaneceu oculto moito tempo debido en parte a falta de visibilidade e que ambas procedían de un entorno rural e humilde. Mesmo en Caín, varias placas conmemorativas lembran ao seu abuelo, pero as heroínas destas proezas, que tiveron que emigrar e faleceron en 1963 (María Isabel) e en 2016 (Teófila), quedaron esquecidas polo paso do tempo.

Este 8 de marzo de 2025, en Posada de Valdeón houbo unha mesa redonda para abordar "A vida en Valdeón con mirada de Muller" e proyectar o tráiler "Las Cainejas: M. Isabel y Teófila. Primeras Mujeres en la cima del Naranjo de Bulnes". 

Máis información en Valderrueda, Montaña, ValdeónUrriellu, Audio, Homenaxe.



Simone VEIL

PRIMEIRA PRESIDENTA DO PARLAMENTO EUROPEO

Simone Veil, foi unha avogada e política francesa que sobreviviu ao Holocausto e que loitou polos dereitos das mulleres. 

Naceu en Niza o 13 de xullo de 1927 co nome de Simone Annie Liline Jacob e era a máis nova de tres fillas e un fillo dun arquitecto xudeo. Á idade de 16 anos, en plena Segunda Guerra Mundial, foi deportada coa súa familia ao campo de concentración de Auschwitz, e logo ao de Bergen-Belsen. Despois da Liberación volveu a Francia, estudou Dereito e Ciencias Políticas e casou con Antoine Veil. 

Co tempo, en 1956, renunciou á profesión xurídica e converteuse en maxistrada traballando no Ministerio de Xustiza como Alta Funcionaria da Administración Penitenciaria o que lle permitiu mellorar as condicións das cárceres de mulleres. Mais tarde foi directora de asuntos civís favorecendo os dereitos e o estatus xeral das mulleres francesas.

Foi Ministra de Sanidade do goberno de Valery Giscard d' Estaing, nos anos 70. Defendeu e fixo aprobar a lei sobre a interrupción voluntaria do embarazo que despenalizou o aborto, a hoxe chamada "Loi Veil". Acadou unha gran popularidade grazas á valentía que puxo a proba contra os numerosos opositores á devandita lei. 

Tamén introduciu a prohibición de fumar en determinados lugares públicos.

Ocupou o posto de presidenta do Parlamento Europeo de 1979 a 1982, tras presentarse as eleccións, por petición do presidente  da República Francesa, e sen dubidalo, encabezando a lista do seu partido.

Simone Veil pasou así a dirixir o primer Parlamento Europeo elixido por sufraxio directo e converteuse na primeira muller en ostentar o cargo máis alto dunha institución da UE. Dous anos máis tarde, obtivo o premio Carlomagno, que recompensa a contribución dunha persoa á unidade europea.

Asemade, presidiu a Comisión de Asuntos Xurídicos e foi membro das Comisións de Medio Ambiente, Asuntos Exteriores e Seguridade e da Subcomisión de Dereitos Humanos, e traballou dentro da Comisión Especial sobre a Reunificación Alemana, creada en 1990.

No 2008 foi elexida membro da Academia Francesa converténdose así na quinta muller en formar parte desta institución literaria, ocupando a cadeira número 13. O seu ingreso na academia constituíu unha etapa importante na posta en valor da contribución das mulleres no ámbito da cultura e da literatura.

No 2012 recibiu a cruz da lexión de Honor. Interesouse polo proceso de integración europeo xa que o consideraba como unha forma de garantir a paz.

Recibiu numerosos premios, entre eles o Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional o 25 de maio de 2005 polos seus ideais e realizacións para unha Europa unida; en 2008 gañou o Premio Carlos V otorgado pola Fundación Academia Europea de Yuste en honor aos seus recoñecidos méritos na loita polo avance da igualdade das mulleres.

O goberno francés tamén creou un galardón na súa memoria para destacar o esforzo realizado polas mulleres para promover a súa autonomía, a súa educación, a súa participación en funcións de liderado e tamén a ausencia de violencia e discriminación.

Este Premio Simone Veil e concédese cada 8 de marzo para honrar ás persoas que loitan polas causas das mulleres; no ano 2023 foi otorgado a Agrupación Ciudadá "Aborto pola vida" que traballa pola despenalización do aborto en O Salvador e no 2024 a Miriame Djangala-Fall e Lea Kongbo, representantes do Movemento de Mulleres Centroafricanas Sobreviventes.

Escribiu tamén grandes obras literarias nas que conta o que viviu ao longo dos anos: « Unha vida », « As miñas loitas » e « Só a esperanza calma a dor » forman parte delas.

Pronunciou frases como: « A vida é un agasallo e cada un de nós ten unha responsabilidade cara a ela ». « Ser libre é ter a capacidade de tomar decisión por si mesmo ». « O odio é unha carga moi pesada, é mellor abandonalo ».

Simone Veil morreu na súa casa o 30 de xuño de 2017, dúas semanas antes do seu 90 aniversario. 

O 1 de xullo de 2018, un ano despois da súa morte, entrou con todas as honras no Panteón, a cripta onde repousan as figuras máis ilustres de Francia. Veil é a cuarta muller que obtén esta distinción. 

Tamén creouse ese ano unha peza conmemorativa de 2€ que inclúe o seu número de deportación, o Parlamento Europeo e o ano 1975 en honor a lei do aborto.

Máis información en Wikipedia, Premio SV, Parlamentaria, UE, Libros, Diplomatie, Holocausto, Película, Xudea, Yuste, Lei Veil, Ser

Coa inestimable colaboración de Marián Aris García.