A PINTORA BREVE
Autorretrato |
Eva Gonzalès era filla do escritor Emmanuel Gonzalès e grazas á fama da súa nai, Marie Céline Ragout, música francesa, Eva creceu rodeada da arte e cultura máis exquisitas de París.
Comezou a pintar con 16 anos, sendo discípula de Charles Joshua Chaplin (mestre tamén de Mary Cassat), un pintor que había deserrolado un programa de estudios artísticos para mujeres.
Pero quería evolucionar e trasladouse ao taller de Manet onde foi tanto discípula como modelo, polo que foi máis conhecida que como artista profesional por dereito propio.
La toilette |
A influencia de Manet é evidente no seu traballo temperá, como O soldadiño, exposta en 1876 no Salón de Paris, obra moi similar a O pífano pintada 4 anos antes por Manet. Pero a finais dos 70 comezou a desenvolver un estilo moito máis propio, empregando cores pastel, pinceladas máis soltas e temática intimista, o que lembra a Degàs e a Morisot, ca cal entrara en conflicto.
Chamabanlla a máis academista do impresionismo debido á calidade do debuxo nos seus cadros e o tratamento dos detalles, pero o trato de luces e sombras con pinceladas esbozadas, aplicando a cor con toques rápidos son propios do impresionismo.
Combinaba unha técnica sinuosa e tamizada, con tonos pasteis, representando ás súas modelos e a sí mesma dunha forma realista, a diferencia do que Manet fixo con ela. O que queda reflectido nas súas obras Espertar na mañá e Muller en Rosa, na que pinta de forma realista a súa irmá Jeanne que lle servía de modelo, en 1874.
Outras pinturas súas son Palco no teatro, que se atopa no Museo d'Orsay de París, o pastel Sombrereira, de 1877, no Chicago Art Institute, Lectura no bosque, de 1879 e Paseo en burro, de 1880, exposto no Bristol Museum and Art Gallery.
O soldadiño |
Muller en Rosa |
Espertar na mañá |
Sombrereira |
Paseo en burro |
Faleceu moi xove, con 34 anos, despois de dar a luz a súa filla Julie, debido a unha embolia, cinco días despois da morte de Manet, o seu mestre, amigo e conselleiro. Está soterrada no cemiterio de Montmartre, en París.