POETA E VIOLISTA, HOMENAXEADA LETRAS GALEGAS 2024
O día das Letras Galegas estará adicado o vindeiro ano 2024 á escritora, poeta, profesora, filóloga, traductora e música coruñesa Luisa Villalta Gómez.
Será a sexta muller homenaxeada en 61 anos de historia deste día. As anteriores protagonistas foron Xela Arias (2021), María Victoria Moreno (2018), María Mariño (2007), Francisca Herrera Garrido (1987) e Rosalía de Castro (1963).
Luisa Villalta naceu na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finou alí o 6 de marzo de 2004 aos 46 anos, a causa dun paro cardiaco cando padecía meninxite. Conmemorarase no 2024 o seu 20 cabodano.
Estudou Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa na USC e obtivo tamén o Título Superior de Violín. Foi docente de Lingua e Literatura Galegas en institutos da Coruña.
Tocaba o "violino", como chamaba ao seu instrumento, dende 1985 na Orquestra de Santiago de Compostela, e logo na Xove Orquestra de Galicia, e en diversos grupos de cámara galegos.
Foi membro e directiva da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua galega (AELG).
O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022.
A súa actividade cultural foi moi intensa, participando en seminarios, recitais de poesía, dando conferencias, e colaborou con numerosos artigos en publicacións periódicas como A Nosa Terra que foron compilados no "Libro das colunas", en 2005.
Recibiu moitos recoñecementos, como que unha rúa na Coruña e a Biblioteca do IES Isaac Díaz Pardo de Sada onde traballou levan o seu nome; o accésit do Premio de Relatos Pedrón de Ouro no 1990, por "A taberna do holandés" ou o premio Espiral Maior de Poesía no 2003 pola súa obra "En concreto".
A Deputación da Coruña e a Universidade da Coruña crearon, respectivamente, o Premio "Luisa Villalta", a proxectos pola igualdade (dende o 2017) e a iniciativas normalizadoras (dende o 2004), para a promoción do uso do galego nas tres universidades galegas, xunto á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Entre os seus escritos salientar asemade de outros poemas, ensaios, teatro e narrativa, "Pensar é escuro", "Música reservada", "O outro lado da música, a poesía" e a obra póstuma "Papagaio".
No CIRPH (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades) está o seu legado que consiste nun depósito que inclúe discursos, cartas, fotografías, vídeos e documentos e no que destacan obras manuscritas e inéditas ademáis de 600 cartas a escritores e documentación persoal.
"Luísa Villalta. As palabras ingrávidas" é un "poemario testamentario" de la autora que recompila os poemas que cada día do ano 2004 escribía nun almanaque xunto a fragmentos de otros poetas universais. É un libro inédito, póstumo, que aporta un amplio estudo introdutorio sobre a autora e que axuda a coñecer mellor a súa vida e a súa obra.
Este libro constitúe o primeiro dos volúmenes da Biblioteca Luísa Villalta do CIRPH, en Santiago .
Máis información en Album, Pioneira, Letras, Wikipedia, Luísa Villalta, Igualdade, Iniciativas, Praza, Educando, Anosaterra, crtvg, Ingrávidas, Diario.es, A Voz, Paixón, Poeta, AELG.