BARRA DE MENÚ

Cristina FERNÁNDEZ CUBAS

Premio Nacional das Letras Españolas 2023

Na súa 39ª edición, o premio foi otorgado polo Ministerio de Cultura e Deporte a Cristina Fernández Cubasescritora e periodista catalana. Este galardón concédese polo conxunto do labor literario, en calquera das linguas do Estado, a un autor ou autora cuxa obra estea considerada como parte integrante da literatura española actual.

O xurado destacou á autora "pola maxia da súa narrativa que a levou ser considerada como unha das mellores contistas españolas."  

Outras premiadas en ediciones anteriores, dende 1984, foron Rosa Chacel, Carmen Martín Gaite, Rosa Montero e Francisca Aguirre.

A escritora naceu en Arenys de Mar, Barcelona, en 1945. Comezou escribir dende pequena, logo estudou Dereito, participando en grupos de teatro, e Periodismo, profesión que exercería posteriormente, aínda que non por moito tempo, para adicarse de cheo á literatura. Residiu, entre outras cidades, no Cairo, Lima, Bos Aires, París e Berlín. En 2021 foi investida Doctora Honoris Causa pola Universidad de Alcalá de Henares.

Escribiu sobre todo contos, recompilados en "Todos os contos", que recibiu o preimo Ciutat de Barcelona de Literatura, o Salambó de Narrativa e o Cálamo ao libro do ano. Este libro recompila máis de 25 anos de escritura con cinco contos precedentes e outro inédito, titulado "A habitación de Nona". 

Pero tamén novelas como "El año de Gracia" (1985), que inspirou ao compositor Albert Sardá unha ópera; "El columpio" (1995) ou "La puerta entreabierta" (2013) co seudónimo de Fernanda Kubbs. Asemade, é autora da obra de teatro "Hermanas de sangre" (1998); do libro de memorias narradas, "Cosas que ya no existen", (2001), co que obtivo o Premio NH de Relato Publicado Cinco estrellas, e do ensaio, "Emilia Pardo Bazán" (2001).

«Mis historias son atemporales, a menudo, las localizaciones son imprecisas. Yo me veo a mí misma como a una escritora atemporal, pero no mucho». Comenta a contista.

Máis información en: El País, Wikipedia, Educando en Igualdade, Cultura, BiografíaVídeo, Entrevista, Diario



Luísa VILLALTA

POETA E VIOLISTA, HOMENAXEADA LETRAS GALEGAS 2024 

O día das Letras Galegas estará adicado o vindeiro ano 2024 á escritora, poeta, profesora, filóloga, traductora e música coruñesa Luisa Villalta Gómez.  

Será a sexta muller homenaxeada en 61 anos de historia deste día. As anteriores protagonistas foron Xela Arias (2021), María Victoria Moreno (2018), María Mariño (2007), Francisca Herrera Garrido (1987) e Rosalía de Castro (1963).

Luisa Villalta naceu na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finou alí o 6 de marzo de 2004 aos 46 anos, a causa dun paro cardiaco cando padecía meninxite. Conmemorarase no 2024 o seu 20 cabodano.

Estudou Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa na USC e obtivo tamén o Título Superior de Violín. Foi docente de Lingua e Literatura Galegas en institutos da Coruña. 

Tocaba o "violino", como chamaba ao seu instrumento, dende 1985 na Orquestra de Santiago de Compostela, e logo na Xove Orquestra de Galicia, e en diversos grupos de cámara galegos. 

Foi membro e directiva da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua galega (AELG).

O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022.

A súa actividade cultural foi moi intensa, participando en seminarios, recitais de poesía, dando conferencias, e colaborou con numerosos artigos en publicacións periódicas como A Nosa Terra que foron compilados no "Libro das colunas", en 2005. 

Recibiu moitos recoñecementos, como que unha rúa na Coruña e a Biblioteca do IES Isaac Díaz Pardo de Sada onde traballou levan o seu nome; o accésit do Premio de Relatos Pedrón de Ouro no 1990, por "A taberna do holandés" ou o premio Espiral Maior de Poesía no 2003 pola súa obra "En concreto".

A Deputación da Coruña e a Universidade da Coruña crearon, respectivamente, o Premio "Luisa Villalta", a proxectos pola igualdade (dende o 2017) e a iniciativas normalizadoras (dende o 2004), para a promoción do uso do galego nas tres universidades galegas, xunto á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Entre os seus escritos salientar asemade de outros poemas, ensaios, teatro e narrativa, "Pensar é escuro", "Música reservada", "O outro lado da música, a poesía" e a obra póstuma "Papagaio".

No CIRPH (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades) está o seu legado que consiste nun depósito que inclúe discursos, cartas, fotografías, vídeos e documentos e no que destacan obras manuscritas e inéditas ademáis de 600 cartas a escritores e documentación persoal. 

"Luísa Villalta. As palabras ingrávidas" é un "poemario testamentario" de la autora que recompila os poemas que cada día do ano 2004 escribía nun almanaque xunto a fragmentos de otros poetas universais. É un libro inédito, póstumo, que aporta un amplio estudo introdutorio sobre a autora e que axuda a coñecer mellor a súa vida e a súa obra.

Este libro constitúe o primeiro dos volúmenes da Biblioteca Luísa Villalta do CIRPH, en Santiago .