BARRA DE MENÚ

SUSTENTABILIDADE DO PLANETA

40 PRECURSORAS DE TODO O MUNDO

A Deputación de Pontevedra ven de presentar un videoxogo onde se recolle as biografías de 40 mulleres de todo o mundo, tanto do pasado como do presente, que lograron promover o benestar do noso planeta grazas ao seu actividamo e aos seus coñecementos.

Estas mulleres se relacionan co seu contexto social e familiar dende a infancia, e se buscan as influencias e mentorías familiares e académicas, as institucións nas que estudaron, os procesos de exclusión e descrédito que sufriron, os castigos infrinxidos por opoñerse ao sistema dominante e ás inxustizas.

Así mesmo se analiza o papel decisivo das súas nais ou antecesoras defensoras da igualdade na súa vida e o apoio que lle brindaron homes sensibles á igualdade de xénero.

Baixo a dirección da doctoura en Química e profesora na Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra, Mari A Lireseste traballo abrangue oito obxectivos da Axenda 2030.

Cada unha de elas está relacionada cun dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), en particular, e tamén cos outros, así como co ODS 5, que é transversal a todo o proxecto, de modo que estas precursoras constitúen unha constelación que se amosa no videoxogo.

As mulleres que se corresponden con cada Obxectivo son:

ODS 3 Saúde e Benestar

  • Carme Valls Valls Llobet 
  • Josephine Nambooze
  • Kamal Jayasing Ranadive
  • Katalin Karikó 
  • Olimpia Valencia López

ODS 4 Educación de Calidade

  • Ernestina Otero Sestelo
  • Irina Georgieva Bokova
  • Malala Yousafzai
  • Rigoberta Menchú Tum 
  • Tarcila Rivera Zea

ODS 5 Igualdade de Xénero: 

  • Transversal a todos e cada un dos ODS

ODS 9 Industria, Innovación e Infraestrutura:

  • Betty Snyder Holberton
  • Augusta Ada Byron
  • Ángela Ruíz Robles
  • Hedy Lamarr Kiesler
  • Joy Adowaa Buolamwini
  • Teresa Zapeta 
  • Magda Woit Staudinger

ODS 11 Cidades e Comunidades sostibles

  • Inés Sánchez de Madariaga
  • Jane Jacobs
  • Pascuala Campos de Michelena
  • Matilde Urcelay
  • Khensani de Klerk
  • Solange Mbanefo

ODS 13 Acción polo Clima

  • Wangari Muta Maathai
  • Vandana Shiva 
  • Eunice Newton Foote 
  • Greta Thunberg 
  • Vanessa Nakate

ODS 14 Vida Submarina:  

  • Elisabeth Veronika Mann Borgese
  • Jimena Quirós Fernández e Tello
  • Ángeles Alvariño González
  • Sylvia Earle
  • Aida Fernández Ríos 
  • Barbara Veiga

ODS 15 Vida de Ecosistemas Terrestres

  • Berta Isabel Cáceres Flores
  • Rachel Louis Carson
  • Rosa Arcos Caamaño
  • Ruth Nyambura Njoroge
  • Sandra Myrna Díaz
  • Yayo Ferreiro López

O video xogo consiste en unha rede neuronal interactiva conectada de diferentes formas. Ao premer sobre unha figura desbloqueada, pásase a un nivel (correspondente a un dos ODS citados anteriormente) formado por un quebracabezas que consiste en buscar os obxectos característicos de cada unha das mulleres precursoras dos ODS. Cada nivel está ambientado acorde coa súa respectiva temática e co contexto de investigación ou de acción no que se viu involucrada cada unha das referentes propostas.

Este proxecto se atopa no seguinte enlace Precursoras e pode descargarse en Sustentabilidade.



Encarna HERNÁNDEZ

"A NENA DO GANCHO", PIONEIRA DO BALONCESTO ESPAÑOL

Viviu 105 anos! Encarna Hernández está considerada como unha das grandes pioneiras do baloncesto español, primeiro na cancha como xugadora e despois traballando en diferentes clubes. Pioneira entre pioneiras como xogadora, entrenadora, árbitra e directiva de clubes, formando parte da fundación do Club Atlas (1931) dirixindo a Peña García de L’Hospitalet. 

Durante a súa etapa como xogadora, así como antes e despois desta, Encarna Hernández non deixou de loitar polos dereitos das mulleres, conseguindo ser unha das primeiras mulleres que poido conducir en Barcelona e terminou sendo elexida entrenadora da Sección Feminina de Falanxe.

Cun balón nas máns, intentaba emular a heroínas que admiraba do ámbito social, como "aquelas benditas mulleres Victoria Kent, Clara Campoamor, Federica Montseny...", dicía.

Pola súa defensa do deporte feminino, Encarna Hernández recibiu en 2020 a Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo por parte do Consello Superior de Deportes (CSD).

O seu apodo de ‘A nena do gancho’ foi popularizado debido á naturalidade coa que executaba na pista este elegante movemento que, no seu caso, lle acompañou ata o último dos seus días.

Dominaba tamén outros deportes como a patinaxe, ciclismo, o atletismo e a natación, a pesar do seu 1’54 m de estatura. Ademais foi unha das primeiras mulleres de Barcelona que obtivo o carnet de conducir na España franquista.

Pasou por varios equipos: o Atlas Club (onde foi máxima anotadora absoluta por encima dos homes), o Laietano, o Collet, o Moix Llambés e rematou firmando co FC Barcelona, clube co que competiu ata o final da súa traxectoria en 1953, onde xogou con outras grandes xogadoras olvidadas como Merry Morros e Carmen Sugranyes

Comezou a xogar con trece anos, en 1929, cos chicos do seu barrio. A maternidade aos 36 anos a retirou da competición, aínda que chegou a ter ofertas para seguir xogando na Liga italiana. Encarna naceu en Lorca, o 23 de xaneiro de 1917 e faleceu en Barcelona o 19 de decembro de 2022.




Máis información en: Wikipedia, MujeresRTVE, Vídeo, Baloncesto, Premio