BARRA DE MENÚ

Creu CASAL i SICART

"A DOUTORA" primeira catedrática en botánica de España

Chamábanlle así á profesora emérita da Universidade Autónoma de Barcelona, á botánica Creu Casas i Sicart, que en 1971 ocupou a cátedra de Botánica da UAB, convertíndose na primeira catedrática desta disciplina en España.

Foi farmacéutica e logo brióloga, a máis importante do século XX. 

Naceu en Barcelons en abril de 1913 e faleceu en maio de 2007.  Especializouse nas «plantas inferiores», é dicir, os musgos e as hepáticas. O seu pai foi un experto xardiñeiro do que herdou a estima pola natureza e a afición pola Botánica.

En 1951 defendiu a súa tese doutoral dedicada aos briófitos do Montseny. Elaborou un herbario, o BCB, que conta con máis de 50.000 pliegos de briófitos, principalmente ibéricos.

Comenzou o seu labor docente e investigadora na UB, pero en 1971 trasladouse a Bellaterra, onde puxo en marcha o Departamento de Botánica. A partir desta época a súa produción científica deu un salto notable. Especialmente destacan as súas aportacións no campo dos briófitos. 

Trala súa xubilación foi nomeada profesora emérita en 1983, momento a partir do cal se dedicou con maior pasión ao estudo dos briófitos, de tal maneira que en 1989 constituíu a Sociedad Española de Briología, da que foi a primeira presidenta.

A súa contribución á brioloxía resúmese en 216 traballos publicados, especialmente nos campos da taxonomía e a florística. A abreviatura «Casas» empléase para indicar a Creu Casas Sicart como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

Dorothy PITMANN HUGUES

PIONEIRA NA PROTECCIÓN DA INFANCIA VULNERABLE E ICONO DO FEMINISMO AFROESTADOUNIDENSE

Dorothy Pitman Hughes ​​(Georgia-EEUU outubro 1938 - Florida decembro 2022) foi unha feminista afroamericana estadounidense, defensora do benestar infantil, activista, oradora pública, autora e propietaria dunha pequena empresa. 

O seu verdadeiro nome era Dorothy Jean Ridley. Tivo tres fillas: Malmsten, Patrice Quinn e Angela Hughes.

O seu primeiro feito activista foi a recaudación de fondos para o Congreso da Igualdade Racial a principios da década de 1960. Involucrouse na loita polos dereitos civís e coñeceu a Martin Luther King e Malcolm X

Organizou unha escola infantil cooperativa multirracial no West Side de Nova Iorke, a West 80th Community Childcare Center.

Corpo e alma

Gloria Steinem, columnista de New York Magazine, acudiu en 1968 a coñecer ese centro para escribir sobre el e ambas fixéronse amigas e viaxaron por todo o país entre 1969 e1973 dando discursos en universidades, centros comunitarios e outros locais.

Dorothy e Gloria necesitaban un cartaz para as súas convocatorias e o fotógrafo Dan Wynn  ofreceulles facerllas de balde. Esa foto agora está colgada nas paredes do Museo Nacional do Retrato, no centro de Washington. 

Ambas con xerséis de colo alto, Steinem coa sús melena loira e Pitman co seu peiteado afro, posaron desafiantes co puño en alto, o xesto do Black Power.

A foto foi publicada na revista Esquire co pé de foto “Corpo e alma: Gloria Steinem e a súa compañeira, Dorothy Pitman Hughes, amuosan o estilo que  entusiasmou ao público na súa xira de charlas"

A imaxe era intencionadamente provocadora e deseguida se converteu en icónica. Logo a recrearon algunha outra vez ao longo da súa vida. 

Pitman Hughes animó a Steinem a cofundar con outras socias a revista Ms., que comezou como unha edición especial do New York Magazine e pronto se converteu nun referente do movemento feminista. 

Escribiu varios libros (Wake Up and Smell the Dollars! Whose Inner-city is this Anyway! One Woman's Struggle Against Sexism, Classism, Racism, Gentrification, and the Empowerment Zone).

Loreta Lovett publicou a súa biografía co título "With Her Fist Raised", en 2021 na que dicía que era multifacéntica, como se recolle nun artigo da revista Ms

Dorothy Pitman Hughes organizou o primeiro refuxio para mulleres maltratadas na cidade de Nova Iorke e cofundou a Axencia para o Desenvolvemento Infantil desta cidade, pioneira no coidado de nenas e nenos e sinalou que "demasiadas mulleres víanse obrigadas a deixar ás súas fillas e fillos sós na casa mentras traballaban para alimentar ás súas familias".​ 

Pitman Hughes tamén cofundou con Gloria Steinem a Women's Action Alliance, un centro de información nacional pioneiro que se especializou na educación infantil multirracial e non sexista, en 1971. 


Máis información en: La VanguardiaEl País, Ms - Lovett, Wikipedia, La-lista, Infobae