BARRA DE MENÚ

Ruth Matilda ANDERSON

A FOTÓGRAFA DA GALIZA

Ruth Matilda Anderson, nada en Cottonwood State Farm, dentro do concello de Cottonwood, o 8 de setembro de 1893 e finada en Nova York o 20 de maio de 1983, foi unha fotógrafa estadounidense. Fixo cinco viaxes por España entre 1923 e 1930, tomando máis de dez mil instantáneas.

A pesar de ser unha figura de gran relevancia polo seu labor como divulgadora da literatura galega fóra das nosas fronteiras, Ruth Matilda Anderson permaneceu máis de 80 anos no silencio como tradutora de obras galegas ao inglés, sendo unicamente recoñecida polas súas fotografías sobre o corazón de Galicia. O motivo polo cal ata o momento non se reivindicara este traballo da autora estadounidense segue sendo unha gran incógnita.


Porén, recentemente a investigadora Alba Rodríguez Saavedra, do Grupo de Investigación Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo (UVigo), publicou a continuación da súa investigación sobre a figura de Ruth Matilda como tradutora dos textos de Rosalía de Castro e a súa importancia para Galicia. Dende unha óptica feminista e seguindo a documentación estudada, a investigadora analizou as causas principais que puideron motivar a marxinación de Anderson como tradutora e do seu libro durante tantos anos.

Por outro lado, a tradutora estuda a relevancia que tiñan as figuras de Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán para a autora estadounidense, descritas nos seus textos como dúas escritoras galegas de referencia e fundamentais para ilustrar o panorama que durante dous anos estudou en profundidade. 

Para Ruth Matilda non só destacaban pola súa mestría na escrita, senón porque nas súas obras se recolle precisamente ese carácter de Galicia que non aparece rexistrado noutros lugares. Deste modo, no seu libro hai pinceladas de ambas mulleres.

Na súa primeira viaxe por Galicia tomou unhas 5.000 fotografías, moitas das cales aínda permanecen sen positivar, e mercou outras 2.800 a fotógrafos locais. Na segunda viaxe tomou unhas 2.800 fotos. As imaxes adoitan recoller o ámbito rural e os oficios tradicionais. Estivo acompañada polo seu pai, que foi escribindo un diario. Ían cun coche Ford de alugueiro cun chofer francés. Nas fondas onde se hospedaban improvisaban un cuarto escuro para ir revelando algunhas fotos. Na súa estancia na Coruña tomou leccións de lingua castelá e interesouse pola historia de Galicia, lendo a Manuel Murguía, e pola literatura galega, lendo a Rosalía de Castro.

Máis información en:

30FotosGCiencia, Heroínas, GlWikipedia, Wikipedia, Quincemil, Crónica


Maryna VIAZOVSKA

A "FILLA" DE EUCLIDES

Maryna Viazovska, profesora da Escola Politécnica Federal de Lausanne (EPFL), en Suiza, ven de gañar a "Medalla Fields", considerada como o Nobel de matemáticas, sendo distinguida, nunha ceremonia celebrada en Helsinki (Finlandia) o 5 de xullo de 2022, no Congreso Internacional de Matemáticos.

Trátase da segunda muller na que recae este galardón nos 86 anos de historia deste premio, despois de que a matemática iraní Maryam Mirzakhani o recibira en 2014.

Viazovska, nada o 2 de decembro de1984 na capital ucraniana de Kyiv, estudou matemáticas e comentaba que algo que lle gusta de esa ciencia é que é posible determinar onde está "a verdade", distinguir o incorrecto do correcto. 

O matemático grego Euclides é un dos heroes de Viazovska, que dice admirar as figuras extraordinarias que foron capaces de "cambiar as matemáticas o a forma en que se pensa sobre elas".

Experta en teoría de números, traballa en problemas de optimización xeométrica, como o empaquetamento de esferas. En 2016, resolveu dous casos do famoso problema xeométrico que propuxera, no século XVII, en 1611, o científico alemán Johannes Kepler. Demostrou cal é a mellor maneira de almacenar esferas de igual tamaño en oito dimensións para optimizar ao máximo o espazo.

Co obxectivo de honrar ás mulleres que conseguiron logros sobresaíntes en matemáticas, o  departamento de matemáticas do Instituto Federal Suizo de Tecnoloxía ou ETH, ofreceu a primeira das "Conferencias Alice Roth", que se crearon en honor a esta gran matemática suiza. Tamén dedicou a súa conferencia a Yulia Zdanovska, a matemática e científica informática ucranína, de 21 anos, que morreu tráxicamente o 8 de marzo na cidade de Járkif"

Máis información en: 

BBC, Vanguardia, Wikipedia Mirzakhani, Womennow, Maryna