BARRA DE MENÚ

Anita CARACOTCHIAN CONTI


PIONEIRA DA OCEANOGRAFÍA

"La dame de la mer"

Unha das primeiras críticas á pesca industrial e aos alarmantes cambios nos parámetros das augas oceánicas foi realizada pola primeira oceanógrafa francesa,  Anita Caracotchian Conti (Ermont, 17 de maio de 1899 - Douarnenez, 25 de decembro de 1997).

Ademáis foi a primeira muller en embarcar nun buque de guerra francés en tempo de guerra para participar nas operacións de limpeza de minas magnéticas no Mar do Norte e Canal da Mancha.

Fotógrafa, escritora e exploradora, na década de 1940 comezou a preocuparse polos efectos da pesca industrial sobre os recursos pesqueiros e os ecosistemas mariños adicándose a denuncialos.  

No 1939, Anita Conti embarcárase nunha viaxe cara o Ártico a bordo do arrastreiro bacaladeiro Viking para unha saída de pesca de tres meses sobre o paralelo 75. 

As súas conclusións sobre a sobreexplotación dos océanos e as consecuencias dos excesos da pesca deron a coñecer os problemas ambientais ocasionados, amosando que a mar non é un recurso inesgotable. 

seu activismo neste tema converteuna nunha pioneira na conservación da biodiversidade.

Descubriu multitude de especies de peixes e traballou mán a mán cos pescadores na exploración de novos caladeros e en métodos máis efectivos de captura. 

 Elaborou para os profesionais da mar mapas das zonas de pesca, un traballo nunca realizado ata ese momento. Observou unha serie de parámetros (temperatura da auga, salinidade, ...) e a súa influencia nas poblacións de peixes.

Destacou polos seus artigos sobre as riquezas marinas nas revistas femininas. Aos 72 anos publicou a súa obra máis polémica, na que denunciaba esta situación, titulada L’Ocean, Les Betes et L’Homme (O océano, as bestas e o home). 

Ana Conti adicaría o resto da súa vida a impartir conferencias e denunciar en todos os foros posibles o impacto humano nos océanos, ata que morreu con 98 anos.

Máis información en: HistoriaMujeresconcienciaAnita, Oceánicas, SpotVadebarcos, Wikipedia


Elena CORNARO PISCOPIA

A PRIMEIRA DOUTORA

A primeira muller do mundo en recibir un doutoramento en filosofía en 1678foi Elena Lucrezia Cornaro Piscopia (Venecia, 5 de xuño de 1646-Padua, 26 de xullo de 1684), unha filósofa veneciana, de ascendencia nobre, que se converteu nunha das primeiras mulleres en obter un grao académico dunha universidade.

A pesar da súa condición de filla ilexítima, tivo moitos pretendentes, pero rexeitounos a todos, pois fixera un voto de castidade aos once anos. Máis adiante, en 1665, tomou os hábitos de oblati benedettini, aínda que sen converterse en monxa.

Dada a súa intelixencia, Elena comenzou estudar latín e griego e pronto adquiriu fluidez en ambos idiomas, aos sete anos de idade. Tamén aprendeu hebreo, español, francés e árabe, o que lle valeu o título de «Oraculum Septilingue». Anos máis tarde, estudou matemáticas, filosofía e teoloxía.

Elena tamén foi considerada unha música experta. Ademais de dominar o sciblis, o que significa que dominou case todo o coñecemento do seu tempo, Elena dominou o clavicémbalo, o clavicordio, a arpa e o violín. As súas habilidades musicais foron demostradas pola música que compuxo ó longo da súa vida. O bispo de Padua, recibiu a nova de que Elena estaba intentando obter o doutorado en teoloxía, e negouse a otorgárllo, alegando que era muller. Nembargantes, lle permitiu obter o título de doutora en filosofía e, despois dun curso brillante, obtivo o seu título.

Ata 300 anos despois, a Universidade de Padua non volveu conceder un doutorado a unha muller.

"Converteuse nunha curiosidade -unha muller sabia-, e a súa reputación creceu en toda Europa", di sobre Elena Cornaro o "Diccionario biográfico de mulleres na ciencia: vidas pioneiras dende os tempos antigos ata a mitade do século XX", de Joy Dorothy Harvey e Marilyn Bailey Ogilvie.

Máis información en: BBC, El PaísGl wikipedia, Muy interesanteWikipedia