BARRA DE MENÚ

Anne FAUSTO-STERLING

"NATUREZA vs CULTURA"

Bióloga e especialista en estudos de xénero, Anne Fausto-Sterling (Nova Yorke, 1944) é a autora de numerosos artigos científicos sobre xenética do desenvolvemento.

Grazas aos seus estudos chegou á conclusión de que o sexo binario non existe, non hai só homes e mulleres, senón tamén unha serie de formas intermedias.

Na súa obra "Sexing the Body", enfréntase co intensamente debatido, e non menos conflictivo tema do nature versus nurture, ao que se pode traducir como natureza versus cultura (ou o innato frente ao adquirido), considerando que "non podemos separar natureza de cultura (crianza, educación ou formación), así que non é unha dicotomía, senón que é unha unidade. Hai outra metáfora para pensar en isto: é como se foran dúas caras dunha mesma moeda". 

O seu libro "
Cuerpos sexuados. La política de género y la construcción de la sexualidad", publicado en 2006 recibiu o Premio á Publicación Destacada da Asociación de Mulleres en Psicoloxía e o Premio Robert K. Merton da Sección de Ciencia, Coñecemento e Tecnoloxía da Asociación Sociolóxica Norteamericana.

Neste ensaio analiza a construcción social da identidade de xénero, rexeitando a dualidade masculino/feminino mediante a análise dos estados intersexuais. Pódese descargar o libro nesta ligazón: Corpos sexuados.


Máis información:
Mujeres con cienciaPáxina webEntrevista, Cuerpos sexuados, Wikipedia, Wiki inglés



Properzia Di ROSSI

A PRIMEIRA ESCULTORA

Foi unha das aproximadamente trinta mulleres artistas, principalmente pintoras, do Renacemento italiano.​ As mulleres escultoras eran unha rara avis. Properzia (Bolonia, 1490-1530) foi a única escultora do seu tempo.

Moi pronto na súa carreira, Properzia adquiriu fama polas súas complexas e pequenas esculturas feitas en osos de froita, como albaricoques, pexegos e cereixas. E a partir de 1520, próxima a cumprir a trentena, Rossi comezou a traballar a gran escala. Os seus retratos en busto de mármol deste período lle proporcionaron recoñecemento e comeza a recibir numerosos encargos públicos.

Así o de realizar a decoración do altar maior da igrexa de Santa María do Baraccano que baixo unha fiebre construtora, aspiraba a converterse na maior igrexa de Italia, despois de San Pedro do Vaticano.

Nos libros de contas da fábrica que realizou a recontrución da igrexa de San Petronio en Bolonia figura que o seu traballo consistiu en esculpir tres sibilas, dous anxos e dous baixorrelieves: A visita da reina de Saba a Salomón e Xosé e a muller de Putifar, que actualmente se expoñen no Museo de San Petronio.

Esta obra escultórica é a primeira asinada por unha muller nunha igrexa occidental e a primeira documentada, sitúandoa á mesma altura que os escultores máis célebres do momento. Foi a primeira muller que esculpe corpos espidos, aínda que sexa en alegorías mitolóxicas. 

Tanto o humanismo como o naturismo vense expresados por primeira vez na arte feminina.

Giorgio Vasari incluíu a biografía de Properzia na súa obra sobre biografías de artistas "Le Vite" (As vidas dos mellores arquitectos, pintores e escultores italianos), en 1568. 

Pero os artistas masculinos da súa época non llo puxeron fácil e morreu con coarenta anos, apartada da fama e na miseria.

Máis información en: