A HISTORIADORA DA ARTE
Rose Antonia Maria Valland foi unha historiadora de arte, membro da Resistencia francesa e capitana do exército francés. Durante e despois da Segunda Guerra Mundial participou en operacións de sabotaxe e na recuperación de case 45.000 obras de arte roubadas polos nazis.
Rose traballaba no museo de arte Jeu de Paume de Paris e como pasaba prácticamente desapercibida, aproveitou para levar un rexistro segredo, onde anotaba todas as saídas e entradas destas obras de arte.
Rose Valland naceu en 1898 e faleceu en 1980, en Saint-Étienne-de-Saint-Geoirs, Isère, (Francia). Foi mestra, profesora de debuxo, licenciada en Historia da Arte e conservadora de museos.
Dedicou toda a súa vida á arte, escribiu os seus sus periplos durante a Segunda Guerra Mundial nun libro en 1961, titulado El frente del arte.
O documental La espía de cuadros, Rose Valland (2015) dirixido por Brigitte Chevel narra a súa historia.
Máis información en: