XOGOS FEMINISTAS
- Feme:
Blanca Cifre García quedou finalista nos premios Acento G 2020, co seu proxecto "Feme", un xogo de cartas feminista co que se aprende, dunha forma lúdica, acerca da traxectoria profesional de varias mulleres polifacéticas e activistas.
Na revista Clavico digital número 4 faise a recomendación do xogo que pode solicitarse en playfeme@gmail.com.
As dez mulleres feministas españolas, nacidas a finais do século XIX e principios do XX, e pioneiras no seu ámbito profesional que aparecen no xogo son:
Mercedes Comeposada, Sara Borrell, Ana María Martínez Sagi, María Luz Morales e Remedios Varo.
- Na iniciativa do 11F recóllense varios xogos para poñer en valor mulleres científicas. Pódense atopar na seguinte ligazón Materiais singulares.
- Xogo de cartas de Mulleres científicas:
"Mujeres con Ciencia", en 2015, publicou este xogo de cartas visibilizando a moitas mulleres científicas. Podes ver o artigo completo nesta ligazón Xogo cartas Científicas e podes descargar e imprimir as cartas aquí.
- En Hipertextual atopamos unha entrada que fala de xogos para cambiar o mundo, facendo referencia ás iniciativas de Mattel y Rebels Girls. Hipertextual_Xogos
Barbie de xénero neutro |
Barbies Rosa Parks, Sally Ride, Frida Kalo |
- Ana Requena, redactora xefa de Xénero de eldiario.es, escribe cada semana unha newsletter sobre igualdade, xénero e feminismo chamada "O cuarto propio"; no seu apartado do 17/12/20 fala de xogos feministas que se pode ler no seguinte enlace: Xogos feministas.
- Tamén Lola Varela publica un comentario sobre a importancia dos xogos de mesa na educación no blog "Educando en Igualdade" que se atopa nesta ligazón: Xogos coeducativos.
- Así mesmo podes atopar 15 xogos feministas en educación 3.0 en 15 Xogos feministas.
*** O interesante destes xogos é que moitos foron feitos por mulleres e en todos se visibiliza e valora ás mulleres dende distintos puntos de vista.
Quen é ela? A Oca Feminista
Little Office Ms Monopoly
Pioneiras Históricas Xogos reunidos femministas