Rosalyn Franklin a fotógrafa dos Rx no ADN
Rosalind Franklin naceu en Londres o 25 de xullo de 1920. De orixe xudeo, estudiou Física e Química e foi a Universidade de Cambridge. O último ano de carreira Rosalind coñeceu a Adrienne Weill, unha refuxiada francesa que fora alumna de Marie Curie e que logrou exercer sobre ela unha grande influencia aparte de axudarlle co francés. Estivo en París de 1948 a 1951. Alí perfeccionou as súas técnicas de cristalografía.
 |
| Fotografía 51 |
Aprendeu a aplicar o método a sustancias que non eran cristais, como as orgánicas. A técnica consiste en aplicar un feixe de raios X a unha estrutura e imprimir logo unha fotografía con todos os raios que a atravesaron e que sofriron unha difracción polo obxecto interposto. Cada sustancia produce un patrón propio. Esto permitiu caracterizar moitos compostos inorgánicos e estudiar a súa estrutura íntima. Así o fixo co ADN, obtindo a famosa fotografía 51 que utilizaron Watson e Crick, sen o seu consentimento, para explicar a dobre hélice.Finou o 16 de abril de 1958 aos 37 anos de cancro de ovario.
Doble Hélice:https://physicstoday.scitation.org/doi/10.1063/1.1570771