BARRA DE MENÚ

Suzanne GROS-NOËL

PIONEIRA DA CIRURXÍA PLÁSTICA

Suzanne Nöel , como era coñecida Suzanne Blanche Gros Noël, naceu o 11 de novembro de 1878 en Laon, Francia, e faleceu o 31 de xaneiro de 1954, en Paris. Foi unha das primeiras cirurxiás plásticas francesas. Realizaba con eficiencia a "pequena operación",  unha técnica de estiramento facial.

Xa casada e cunha filla recén nada, en 1912, rematou os seus estudos de medicina, despois se interesou na medicina estética, experimentando con coellos anestesiados. En 1916 comezou as súas prácticas e se lle permitiu realizar cirurxías faciais a soldados feridos durante a Primeira Guerra Mundial. 

Especializouse en operar cicatrices desfigurantes e no rexuvenecemento de rostros enrugados.  Traballou de 1916 ata 1952. 

Foi galardonada coa Lexión de Honor do Ministerio de Asuntos Exteriores francés por ser "doutora de habilidades inusuais", como cirurxías faciais, inxertos de pel ou osos a soldados que tiñan as súas caras desfiguradas polas cicatrices. O que foi un paso importante para as cirurxiás nun momento no que as mulleres loitaban por afianzarse no campo da medicina.

En 1926, escribiu un manual de cirurxía plástica, "A Cirurxía Estética e o seu rol social", como forma de explicar a importancia de practicar esta cirurxía, prohibida pola Igrexa Católica, que foi ampliamente difundido. 

Empregou os seus coñecementos para axudar ás mulleres obreiras a non caer na precariedade e operou a persoas xudeas para que non foran recoñecidas e capturadas na Francia ocupada. 

A través das súas técnicas cirúrxicas, a doutora Nöel quixo corrixir os efectos da vellez, a pobreza, a enfermidade ou o agotamento.

Tamén foi unha activa feminista, doctrina esencial para exercer a xirurxía estética, segundo ela. Loitou polo dereito ao voto das mulleres.

En 1923 interesouse polo movemento Soroptimism, integrado por mulleres profesionais. Viaxou por todo o mundo ata o final da súa vida apoiando o Soroptimism, promovendo os dereitos das mulleres e capacitándoas, mentras daba conferencias sobre a súa especialidade.

En 1924, fundou en París un dos primeiros clubes de Europa e posteriormente, abreu sedes en outras dez capitais europeas, como Ámsterdam, Viena ou Berlín, e tamén en Pekín e Tokio, converténdose en 1930 na primeira presidenta da Federación Europea de Soroptimist International, unha organización de mulleres fundada por Violet Richardson Ward en 1921.

Ata o fin dos seus días seguiu investigando para devolver a dignidade ás persoas feridas e marcadas como prisioneiras en campos de concentración durante a Segunda Guerra Mundial. 

Despois da súa morte, estableceuse un fondo ao seu nome dentro do SIE (Soroptimist International of Europe) cuxo obxectivo principal é cubrir os gastos de formación de médicas interesadas na cirurxía plástica e reconstrutiva.

A novela gráfica Con las manos desnudas (Liana Editorial), onde a escritora francesa Leïla Slimani e o debuxante Clément Oubrerie rinden homenaxe a súa figura, revela que a opinión pública da época consideraba a cirurxía estética unha práctica perigosa e innecesaria. Suzanne, en cambio, a vía como unha ferramenta para a emancipación da muller. 

Está a piques de saír a película "Suzanne", de Cartoon Movie, sobre a súa vida, dirigida por Anaïs Cau­ra e Joëlle Oost­er­linck, que escribiu tamén o guión.

Máis información en HistoriaWikipediaMujeresconCienciaSuzannePelículaPioneiraPíkara