BARRA DE MENÚ

Trótula de RUGGIERO

A PRIMEIRA XINECÓLOGA

Trótula di Ruggiero (Italia, S XII), coñecida posteriormente como Trótula de Salerno, foi unha importante médica da Idade Media e profesora na Escola de Salerno, un dos poucos lugares nos que se permitía que houbese profesoras e alumnas. 

Foi a máis famosa das "Mulieres Salernitanae", é dicir as Damas da Facultade de Medicina de Salerno.

O seu home e os seus dous fillos, Matthaeus Platearius e Giovanni Plateario il Giovane, tamén foron profesores na Escola Médica Salernitana, na que prevalecía o coñecemento por encima de todo e usabase a lóxica da prevención de enfermidades.

Mentras que o home que experimentaba e trataba doencias usando herbas medicinais era un alquimista e a muller que o facía era unha bruxa, na época na que a ciencia era cousa de homes, Trotula de Salerno convertese nunha médica capaz de tratar enfermidades como o cancro, doenzas oculares ou problemas na pel. 

Pero as súas ideas máis revolucionarias para o seu tempo estiveron relacionadas coa área da xinecoloxía e a obstetricia, destacando con ideas transgresoras sobre o control da natalidade, os problemas de fertilidade ou os métodos para reducir a dor no parto. 

Por todo iso, hoxe en día considerase que foi a primeira persoa no mundo en especializarse en Xinecoloxía e Obstetricia.

As ensinanzas de Trótula eran revolucionarias, por exemplo, consideraba que os problemas de infertilidade podían ter a súa causa tanto no home como na muller. Ademais, concedía moita importancia á prevención das enfermidades, á boa alimentación e ao exercicio físico.

No século XII, chamábase Trotula a un grupo de tres textos italianos compostos na cidade portuaria de Salerno, sobre medicina feminina, o Liber de sinthomatibus mulierum, o De curis mulierum e o De ornato mulierumAs condicións da muller, Os tratamentos para a muller e A cosmética feminina, respectivamente.

Parece ser que a autoría de Curis mulierum corresponde a Trota, no que expuxo temas tan perigosos para o seu tempo como intentar eliminar a creenza de que todos os males da muller lle viñan da menstruación, e defendeu o uso de herbas para mitigar as dores do parto, algo totalmente prohibido daquela.

Esta obra converteuse nun texto imprescindible nas universidades europeas ata o século XVI, consta de 60 capítulos nos que fala do embarazo, o parto, o puerperio, a fertilidade e outros temas relacionados coa muller.

En Ornatu Mulierum se defende a hixiene como necesaria para a prevención de infeccións e enfermidades nas mulleres, algo totalmente novidoso na Idade Media.

Trotula tamén escribiu o texto Practicam secundum TrotamDicía que a libido non é só masculina senón de ambos sexos. Advirte ás solteiras, monxas ou viuvas dos inconvenientes dunha prolongada abstinencia sexual.

Tralo nacemento preocupase polo benestar físico e psíquico do recén nado e recomenda o contacto físico frecuente, calor e masaxes en todas as partes do seu corpo e proporcionarlle auga quente e mel no paladar. Tamén fala de estimular os seus sentidos con cores e sons armoniosos.

The Dinner Party
Trotula morreu na súa cidade natal, posiblemente no ano 1160, a unha idade avanzada, algo moi pouco frecuente para a época. Quizáis grazas a gran cantidade de coñecemento acumulado sobre o mantemento dunha boa saúde.

Trota de Salerno forma parte da instalación da artista feminista Judy Chicago, The Dinner Party, na que o seu cuberto combina referencias ao seu papel de médica no parto e os coidados.

A súa  fama foi tan grande que ao seu enterro asistir un cortexo fúnebre de tres kilómetros de longo, e mesmo o escritor inglés Geoffrey Chaucer mencionaa nos seus míticos Contos de Canterbury.

No ano 2016, Mercedes Arriaga López, catedrática en Filoloxía Italiana pola Universidade de Sevilla, foi codirectora dunha tese doutoral sobre Trotula de Ruggiero e as mulleres da Escola de Salerno.