BARRA DE MENÚ

DIDO

A RAÍÑA XEÓMETRA

Elisa de Tiro (século IX aC) máis coñecida como Dido, foi a fundadora e a primeira raíña de Cartago. Era filla de Matán I, o rei de Tiro e irmá de Pigmalión e de Ana. Casa, obrigada polo seu irmán, con Siqueo, sacerdote do templo de Melkart e home moi rico, para que lle roubara as súas riquezas escondidas.

Dido négase a darlle a fortuna e entón Pigmalión asasina a Siqueo. Elisa fuxe con Ana, chegando a costa de África, á zoa pertencente á tribu dos getulos. Jarbas, o seu rei, cédelle un trozo de terra para fundar unha cidade pero só lle concede "tanta terra como poida abarcar cunha pel de boi", pensando que ela rexeitaría esa idea.

Pero Elisa fai cortar en tiras moi finas a pel de toro e así consigue acotar un extenso perímetro. Foi coronada raíña e os seus súbditos comezan a chamarlle Dido. Desta maneira atopou, entre todas as curvas simples posibles a que engloba a maior área, formando unha circunferencia de entre 1 e 3 kms, cunha superficie de entre 10 e 25 hectáreas. 

O físico e matemático william Thomson, Lord Kelvin (1824-1907) describiu en 1893 este problema isoperimétrico, pero foi Dido a primeira en resolvelo.

O poeta romano Virxilio contou a súa historia na Eneida: 
"Vanse pola mar as riquezas do avaro Pigmalión; 
unha muller dirixe a empresa.
Chegaron a estes lugares, onde agora vedes enormes murallas
e nace o alcazar dunha xove Carthago,
e compraron o solo, que por isto chamaron Birsa, 
canto poideron rodear cunha pel de toro…"

  

Birsa era unha fortaleza que máis tarde converteuse na cidade de Cartago, e ela foi a súa soberana. Alí chega Eneas fuxindo de Troia, e solicita hospitalidade a Dido. A súa nai, Venus, envía a Cupido para que Dido namore e case con el. Aínda que se resiste, instigada pola súa irmá Ana, durante unha tormenta ambos xacen xuntos nunha cova. 

Cando Eneas ten que marchar cara a Roma, Dido cravase un puñal ao sentirse abandoada. Isto será a orixe das guerras púnicas e Aníbal será o vengador de Dido.

Isabel Barceló Chico conta as aventuras de Dido e Eneas en Cartago no seu libro "Dido, reina de Cartago". Tamén lembra outras mulleres no seu blogue Mujeres de Roma.

O compositor inglés Henry Purcell narrou esta traxedia na súa ópera Dido e Eneas. Pódese ver e escoitar un fragmento nesta ligazón

Máis información en: MujeresconcienciaWikipedia, Ojosdepapel, Dido, Mujeresenlahistoria, Lasnubes, Almacendeclásicas, Mitos.