BARRA DE MENÚ

LIBROS

LIBROS DE E SOBRE MULLERES


TODOS DEBERÍAMOS SER FEMINISTAS
Imos comezar este apartado co enlace ao artigo de Chimamanda 
"Todos deberíamos ser feministas", o primeiro chanzo para a igualdade. 
Pódese descargar e ver nas seguintes ligazóns: 
Todos  




UNHA HABITAVIÓN PROPIA


Premendo na seguinte ligazón pódese acceder ao libro "Unha habitación propia" de Virginia Wolf.
Tamén se pode descargar aquí Wolf



XELA ARIAS

O Consello da Cultura da Galega publica en edición facsimilar "Non te amola!", un relato inédito das experiencias da autora aos nove anos




LIBROS DO 11 FEBREIRO

Listaxe de libros do día internacional da muller e da nena científicas: Libros

 * LIBROS 11F da Facultad de Ciencias de Zaragoza


Relación de libros da Facultade de Ciencias de Zaragoza con motivo do 11/02/2019: ver en FCZ e descargar en Zaragoza



LIBROS REBELDES PARA INFANCIAS LIBRES

Recompilación de lecturas para nenas e nenos educándose en igualdade. Para descargar estes libros de mulleres podes premer en cada unha das imaxes:





COLECCIÓN "AS LETRAS DAS MULLERES"

Editada por Sotelo Blanco, coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade, podes ver a listaxe das propostas de lectura na seguinte ligazón As letras das mulleres.



































LIBROS Y PODCASTS 

 Cuentos    
"No me cuentes cuentos"   

Trátase dun proxecto de relatos infantís protagonizado por 100 mulleres españolas de vidas inspiradoras. 
Os contos, publicados en esta web, pódense escoitar en formato podcast, pero tamén se atopa en formato libro en todas as librerías.


PIONEIRAS

Pioneiras. Galegas que abriron camiño

Rodríguez, Anaír e Díaz, Nuria. 
Ed Xerais, 2018.
Breves biografías de 12 galegas que conseguiron vencer as barreiras que lle estaban impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados por homes.
Son valiosas polo que conseguiron facer e non por como son.  
Exeria, Rosalía, María Cardarelly, Ángeles Alvariño,... espellos nos que mirarnos.



AS MULLERES QUE LOITAN ATÓPANSE

"Las mujeres que luchan se encuentran" é un manual de feminismo pop latinoamericano escrito por Catalina Ruiz-Navarro con ilustracións de Luisa Castellanos, da editorial Grijalbo. 




AS MULLERES QUE XA NON SOFREN POR AMOR

"Las mujeres que ya no sufren por amor. Transformando el mito romántico"
escrito por Coral Herrera e editado por Catarata.
... Las niñas creen que para amar hay que sufrir, pasarlo mal, aguantar y esperar al milagro romántico; los niños, en cambio, no renuncian ni se sacrifican por amor...





4 MULLERES MATEMÁTICAS

- La extraordinaria Emmy Noether pode lerse online en este enlace, ou descargarse gratuitamente en formato pdf.

- La ingeniosa Maryam Mirzakhani pode lerse online en este enlace, ou descargarse gratuitamente en formato pdf.

- La incansable Olga Oleinik pode lerse online en este enlace, ou descargarse gratuitamente en formato pdf.

- La rebelde Sofya Kovalevskaya pode lerse online en este enlace, ou descargarse gratuitamente en formato pdf.



MUJER ES CIENCIA

Título: Mujer es ciencia. 20 pioneras colombianas y latinoamericanas
Autoras e autor: Marcela Aragón Novoa, Santiago Vargas Domínguez e Carolina Garzón Blanco (ilustracións)
Editorial: Universidad Nacional de Colombia

Percorrido pola vida de dez científicas colombianas e dez latinoamericanas, as súas áreas de investigación, os logros acadados e as súas motivacións, que son de grande inspiración para que moitas máis nenas percorran o fascinante camiño da ciencia.

Pódese descargar o pdf na seguinte ligazón.  


HISTORIA DO FEMINISMO

- O traballo de Nuria Varela e a ilustradora Antonia Santolaya sobre a historia do feminismo pódese ler en "Feminismo para principiantes" e descargarse en Principiantes

 


FALAMOS DE FEMINISMO


- Libro coordinado pola Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, con artigos interesante e moita colaboración masculina.


DEZ CÓMICS FEMININSTAS

- "TBO en clase" web didáctica adicada ao cómic histórico, ven de publicar un artigo "Cómics feministas - Diez cómics imprescindibles sobre mujeres", no que quere recomendar unha serie de lecturas que consideran indispensables para comprender a loita feminista. Novelas gráficas debuxadas por homes ou mulleres, pero onde as verdadeiras protagonistas das historias son as propias mulleres. Polo que falan de cómics feministas no seu sentido máis amplo.




BIBLIOTECA LIBERACIÓN DE LAS MUJERES

- Nesta biblioteca virtual atópase unha compilación de libros en pdf que procura a liberación das mulleres através da súa lectura. 

Dende o cartafol "Por onde comezar?" ata o de "Violencia machista. Violación", ordeados alfabéticamente, recóllense os diferentes temas e materias para formarse no feminismo e animan a participar activamente neste movemento.   

Pódese descargar na seguinte ligazón Liberación



DOCUGENERO - LIJ

- O blogue Docugénero-Literatura Infantil y Juvenil é unha ferramenta de recomendación de LIJ especializada en temas de igualdade de xénero, coeducación e historia das mulleres.

A través desta páxina, preténdese un dobre obxectivo: en primeiro lugar, difundir a cada vez máis frecuente literatura infantil e xuvenil sobre temáticas de igualdade de xénero.

En segundo lugar, poñer de manifesto a importancia da coeducación, da existencia dunha educación que permita á persoas maís pequenas adquirir modelos de conducta baseados na igualdade a través dunha literatura alternativa frente aos contos tradicionais. 

Accédese ao blogue nesta ligazón


FEMINISMO DE PROXIMIDADE

Lola Varela ven de publicar coa editorial En Selecta Companhao seu primeiro libro en solitario "Feminismo de proximidade", unha recompilación dos seus escritos en torno á igualdade, á prevención da violencia de xénero, á coeducación, ás eivas das mulleres no Rif,... 

E outros aspectos tan diversos como o androcentrismo arquitectónico, a represión franquista nas mulleres de Terra de Montes, a sanidade, a cultura,...

O acto de presentación do lbbro tivo lugar o 13 de maio de 2022 no Espazo Nemonon de Pontevedra e interviron na mesma José Mª Alén de la Torre e Azucena Arias Correa, coautor e coautora do prólogo introdutorio do libro.

Lola Varela é unha das pioneiras da coeducación en Galiza, docente de longa traxectoria coeducadora que está acreditada como experta no Rexistro de docentes de igualdade da Xunta de Galiza.



DOCUGÉNERO

Trátase dunha páxina web de "Recursos Informativos yDocumentales sobre Género y Mujeres" que pretende difundir información e novas de actualidade relacionadas cos estudos de xénero preferentemente a nivel nacional. Así mesmo recompila e proporciona acceso a recursos documentais de interese para a investigación, a docencia e o estudo especializado para dar a coñecer fácilmente fontes e materiais específiocs tanto impresos como multimendia.

A ligazón á web é esta DocuGénero.


OCEÁNICAS

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) publica  o libro Oceánicas: pioneras de la oceanografía, en acceso aberto, unha edición ilustrada e dirixida ao público xuvenil que inclúe 20 biografías de científicas mariñas de todos os tempos: dende a primeira muller que deu a volta ao mundo durante a época das grandes exploracións, ata investigadoras que a día de hoxe lideran a loita pola conservación dos océanos.

As súas historias fálannos do desenvolvemento das ciencias mariñas os últimos séculos, pero tamén das dificultades ás que se enfrentaron as mulleres —na oceanografía, na ciencia e na vida— e da loita pola igualdade de moitas xeneracións.

Pódese ampliar información premendo en CSIC, coñecer o proxecto aquí e descargar o libro nesta ligazón Oceánicas.